30 may 2008
Rapa das Bestas 2008 (27, 28 e 29 de xuño)
O fin desta reportaxe será editar un libro coas mellores imaxes deses días que en principio se encargaría o Concello de Cedeira, así como o aloxamento para os membros de Fasgana. Informaremos máis polo miudo cando esté pechado este acordo.
O participar como invitados na festa implica a cesión de imaxes para esa publicación, eso si, sen perder os dereitos das mesmas, as imaxes cederianse para un único uso, pero seguirían sendo do seu autor.
Xa sabes, o venres 27, sábado 28 e domingo 29 de xuño fai unha escapada á Serra da Capelada a vivir de preto esta ancestral tradición.
Xuntanza "Macrera" 20 DE XULIO
Teremos a oportunidade de coñecer mais de preto o labor que está a desempeñar Anabam e o mesmo tempo a ter máis coñecemento do medi en que nos movemos.
A comida: bocatas que cada quen terá que levar o seu.
Colaboraremos conxuntamente nesta xuntanza, Fasgana e Anabam, ( Asociación Naturalista "Baixo Miño").
¡¡ESPERÁMOSTE!!
6 may 2008
Ruta dos muiños de Taramundi (Asturias) Outro encontro levado a cabo
O pasado 23 de Abril, xuntámonos de novo en Taramundi, 28 persoas dispostas a fotografar todo o que se movese.A cousa empezou ben, xa que facía un día boísimo. Despois dos saúdos de rigor e capitaneados por Manuel Balea comezamos un percorrido por ese entorno tan especial onde a auga e a verdadeira protagonista da vida de esas vilas.
A primeira visita foi a “MAZONOVO” un lugar cheo de muíños e de norias de madeira cos que aproveitaban os recursos naturais que ofrecía o río para facilitar a vida nesa aldea. O conxunto esta magníficamente conservado, e camiñando ata a presa do río atopamos una preciosa caída de auga que fixo as nosas delicias.
De seguido acercámonos ata ESQUIOS , onde un ferreiro nos amosou a fabricación artesán das típicas navallas e coitelo de esa zona.Nese mesmo lugar atopase un incrible museo no que sen dubida moitos de nos pasariamos a gusto unha semana. Máquinas de coser, fotográficas, de liar cigarriños, de escribir (algunhas de punzón, con solo dúas teclas), navallas, radios de mais de 50 anos, apeiros de labranza , balanzas romanas feitas polos ferreiros , xoguetes (unha bicicleta toda de madeira) en fin… todo tipo de ferramentas e cachivaches que se podan imaxinar e algúns mais….
Cando Balea logrou arrincarnos de alí visitamos o conxunto etnográfico dos Teixois un verdadeiro ejemplo de como aproveitar ó máximo a auga do rio , permitindo que esa aldea se autoabastecese.

Muíños de cereal. Produción de electricidade, muíño hidráulico para afiar ferramentas, e una impresionante forxa na que preparaban o aceiro para que os pequenos artesáns traballaran despois, fóronse descubrindo para nos nun perfecto estado de conservación e funcionamento
Fixemos moitas fotos, pero tamén vimos como de forma rudimentaria pero eficaz se foron desenvolvendo os inxenios mecánicos que hoxe nos fan a vida mais cómoda.
Xa iamos pilladísimos de tempo,porque había moito que ver, así que, coma sempre, chegamos tarde a comer.
O lugar era un verdadeiro remanso de paz, no que enchemos a barriga e repuxemos forzas.
Pola tarde fomos hasta outro pobo chamado Bres onde fixeron un museo dedicado a auga e o seu aproveitamento.Recóllense alí maquetas de todos os mecanismos que viramos ó longo do dia e algunhas cousas mais como varios modelos de clepsidras (inxeniosos mecanismos para poder medir o tempo po las noites cando non era posible facelo polo sol) .

Despois xa de volta aínda houbo tempo de facer uns macros nun lugar onde nos informaran que había unha variedade de orquídeas… facer a foto de grupo… tomar unha cervexa… e emprender a volta os que non se quedaban a durmir.
Os que quedamos continuamos co cachondeo na recepción do hotel, onde casi toleamos á recepcionista e despois durante a cea na que demos conta dunha morea de botelliñas de sidra do pais. ( A Antonio Martín vicióuselle o dedo no chisme de tirala, e non dábamos bebido a velocidade que a escanciaba)
A volta fixémola por Ribadeo facendo unha parada na Praia das Catedrais con marea baixa, pero coma sempre imposible para facer fotos pola cantidade de xente que por alí había
Foi unha estupenda fin de semana .
Dende aquí queremos dar as grazas a Manuel Balea por a súa organización e esforzo para que todo saíra tan ben.
¡¡¡Vémonos na próxima!!!!
9 abr 2008
Encontro levado a cabo: Castelo de Soutomaior e Illa de San Simón
Así se podería resumir este encontro. Celebrado o pasado día 5 de abril e organizado por FASGANA no Castelo de Soutomaior e Enseada de San Simón.
Comezamos a mañá visitando o Monte da Peneda, o cal goza de unhas excelentes vistas sobre a ría de Vigo.
O sol estaba contratado para todo o día e non nos fallou. Despois de algunhas fotos i moitas charlas entre nós tomamos dirección ó Castelo de Soutomaior. (Ninguén presaxiaba o que estaba por acontecer).

Decidiuse comezar polos xardíns exteriores ó Castelo, que co sol de xustiza que había invitaban a tombarse entre flores e bolboretas, tapados por a magnífica sombra de secuoyas centenarias.
Os máis traballadores sacaron bo partido de fontes, estanques, árbores, flores e todo canto se poida imaxinar dentro de un xardín de luxo á nosa disposición.
Hora do xantar! (e seguíamos sen presaxiar o que nos deparaba aquela tarde)
Apetitosos entrantes, do máis sofisticados con un segundo prato delicioso.
Despois do momento de relax e intercambio de trucos fotográficos chega o momento de visitar o interior do castelo. Uns por aquí… outros por alá… todos ben equipados intentando conseguir a mellor instantánea.
O patio de armas do castelo o estaban decorando para unha voda, cando de repente alguén da a voz de alarma:
- Ehh que chega o noivo!
Nada máis e nada menos fai a súa aparición o noivo nun cabalo branco, empezan a chegar os invitados , cada un máis peculiar que o anterior, unha voda fora do común que fixo as delicias de todos nós. A chegada da noiva en carruaxe foi do máis espectacular.Non sabería describila si gótica ou medieval, ou unha mistura entre ámbalas dúas. Os persoaxes prestáronse en todo momento a colaborar coas nosas cámaras.
Incluso a retratarse con algún socios. Risas e máis risas sanas e de asombro.Damos dende aquí as gracias ó que bautizamos como “o profeta” pola súa simpatía, paciencia e dedicación para con nós.
Quedará o momento nas nosas mentes para toda a vida.
Inda que a posta de sol non foi do máis fermoso, disfrutamos facendo unhas nocturnas na praia de Cesantes e á illa de San Simón.
Mención tamén para os novos simpatizantes;
Carlos, Ramón, Amador, Sito e Benito. Esperando que o pasaran ben e que teñamos dende a Asociación o pracer de volta-los a ver. E non podemos esquencer a presencia de Martín, un dos membos máis novos de FASGANA.15 mar 2008
II Rally Fotográfico Costa da Morte
O noso compañeiro Marcos Rodríguez foi esta vez o encargado de que todo saíra a perfección.

Ós pes do Monte Pindo fixemos a primeira parada, o Porto de Quilmas, onde nos perdemos na súa praia toda a mañá, buscando eses detalles que solo un fotógrafo sabe apreciar. Pequenas embarcacións, augas tranquilas, aperos de traballo dos mariñeiros, luces, reflexos, sombras, contrastes… ¡Todo vale!
Ó longo da mañá tivemos tamén o pracer de coñecer a dous novos amigos, Juan Louro e Salvador Darrivo , que seguro que repetirán experiencia, alomenos era o que as súas caras indicaban.


Hora do xantar, ese momento de máis contacto persoal, risas, conversas, e “segredos profesionais”. Fixémolo no pobo de Cee. E logo do pequeno e merecido descanso saímos rumbo ó noso segundo destino, Ézaro: un lugar que impón respecto pola súa beleza natural.
Terceiro e derradeiro destino do día, ver a posta de sol dende un recuncho da inmensa e maxustuosa praia de Carnota chamado Boca do río. E non poido ser, o sol decidiu non asistir á cita inda que nos fixo un pequeno agasallo (que todos agradecemos)
Boca do río é unha praia de unha especial area branca e fina, pero o que máis nos chamou a atención foros as súas formacións rocosas que fixeron as nosas delicias con fotografías "semi-nocturnas".
Toca retirada, unha cervexiña (como non) para unha corta despedida, bicos e caras de ledicia esperando ansiosos o seguinte encontro.
Un día máis entre compañeiros que quedará inmortalizado nas nosas instantáneas e gardado nas nosas retinas.
Grazas Marcos, grazas a todos por asistir e…
¡vémonos na seguinte!




